fel_meterre_attol_amit_megertem-2

Primavera en Danza 2013, Amediometrados

2 mayo, 2013

Primavera enDanza 2013 comeza a súa programación con “Amediometrados”, da compañía galega Entremáns

Primavera en Danza arrinca o venres 3 de maio no Pazo da Cultura e continúa até o 12 do mesmo mes con tres propostas para público adulto e infantil e con varias actividades complementarias de achegamento á danza contemporánea.

O primeiro dos espectáculos corre a cargo de Entremans, compañía que ofrece tres debuxos, tres pezas das emocións humanas coa cor común das distancias. “Amediometrados” está composto por “En la cuenca de tus ojos”, “39 e medio” e “A medio metro de lo vivido”, tres coreografías curtas creadas en diferentes espazos onde o ámbito é o soporte nas súas múltiples formas e o pulso físico se manifesta vertixinosamente.
A compañía galega ten como sinal de identidade a dirección artística colectiva, polo que as súas propostas coreográficas está creadas por un colectivo de artistas que traballan exclusivamente para a creación dunha nova peza. Os intérpretes son Ana Beatriz Pérez, Kirenia Martínez, Jordi Vilaseca e David Edreira. A iluminación corre a cargo de Octavio Mas e a producción é de Artestudio Xestión Cultural.
A duración prevista do espectáculo é de 50 minutos e o prezo da entrada de 4 €, 3 € con desconto para menores de 12 anos, maiores de 65 e estudantes con carné de estudante. A cita, no auditorio a partir das 21.00 horas, conta coa colaboracion da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

http://www.carballo.org/vive/aodia/novas/noticia.php?id_nova=3171&lg=gal

http://compasdacosta.com/blog/2013/04/02/carballo-prepara-os-venres-culturais-e-o-primavera-en-danza/

Entrevista a la compañia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2013/05/02/danza-decir/0003_201305C2C7991.htm

Etiquetas: , ,

Leave a Comment